- I -
|
| ¿Que ten o mozo? | | |
| ¡Ai!, ¿que terá? | | |
| Ponme agora unha cara de inverno, | | |
| despois na fiada, ¡sonrisas de tal! | | |
| Quer que baile con el no muíño, | | |
| i aló pola vila, nin fala quisais... | | |
| ¿Que ten o mozo? | | |
| Pois... ¿que tera? | | |
|
| Unhas veces, canciño de cego, | | |
| por onde en andare seguíndome vai, | | |
| nin hai sitio donde en non atope | | |
| un Bras con cirolas i os zocos na man. | | |
| ¡Ai, que mociño! | | |
| ¡Ai, que rapaz! | | |
|
| Noutro instante, ¡mirá que fachenda!... | | |
| atruxos que asombran ó mesmo lugar. | | |
| ¡¡¡Brrr!!!, parece que pasa soberbo, | | |
| mandando nos homes su real maxestá. | | |
| Mociño, ¿es tolo? | | |
| ¡Ai!, ¿si o serás? | | |
|
| Eu non podo entender, meu amore, | | |
| que airiños te levan, que airiños te tran, | | |
| nin tampouco cal xeito te cadra, | | |
| tratándose, mozo, do teu namorar. | | |
| ¡Ai!, ¡Dios me libre | | |
| de ti, bon Bras! | | |
|
| Que no meu entender te acomparo, | | |
| ó mesiño de marzo marzal: | | |
| Pola mañán, cariña de rosas; | | |
| pola tarde, cara de can. | | |
| ¡Mala xuntanza | | |
| facemos! ¡¡Ai!! |
|
|
Nenhum comentário:
Postar um comentário